miércoles. 14.04.2021 |
El tiempo
miércoles. 14.04.2021
El tiempo

O CEIP Chancelas impulsa unha campaña en favor do comercio local

Pegada dos cartaces polo municipio. CONCELLO
Pegada dos cartaces polo municipio. CONCELLO
O alumnado de 5º curso deseñou cartaces e marcapáxinas con información e códigos QR que inclúen vídeos de elaboración propia

Merca no comercio local é o nome dunha orixinal iniciativa impulsada polo alumnado de 5º curso de Primaria do CEIP Chancelas. Nas semanas previas ao inicio do Nadal, a rapazada deseñou a súa particular campaña para concienciar aos veciños e veciñas da parroquia de Combarro da necesidade de apostar polas compras de proximidade, coincidindo con estas datas.

Os nenos e nenas deseñaron varios cartaces e marcapáxinas onde, ademais do correspondente slogan, tamén aparece información de preto de 30 negocios de diferentes eidos. Os estudantes engadiron aos carteis uns códigos QR, grazas aos cales os usuarios e usuarias poden acceder a vídeos, elaborados tamén polo alumnado, no que inciden, a base de mensaxes en chave de humor, na importancia de apostar polo nosos negocios nun contexto tan difícil. Para o desenvolvemento deste proceso, ademais do deseño e do traballo artístico e de gravación, tamén foi preciso que, previamente, os nenos e nenas levasen a cabo un importante labor de documentación, para atopar a maior cantidade posible de negocios asentados na parroquia de Combarro. Deste xeito, coordínase o estudo previo, o deseño e a utilización das novas tecnoloxías para dar vida a esta iniciativa, fomentando, ademais, o traballo en equipo entre as crianzas.

A concelleira de Educación, Raquel Rodríguez, trasladou ás e aos impulsores desta iniciativa "o orgullo que sentimos no Concello de Poio ao comprobar que as crianzas e as novas xeracións tamén se implican á hora de achegar o seu gran de area para dinamizar a actividade económica na nosa vila. Toda axuda conta para axudar a superar este contexto tan complicado". A filosofía deste proxecto segue a mesma liña que outras campañas lanzadas desde o Concello, como é o caso de Quen é quen, ou a programación de Nadal, que tamén inclúe a dotación de merchandising para agasallar á clientela do comercio local.

O CEIP Chancelas impulsa unha campaña en favor do comercio local
Comentarios
ç