Celebración en Vilaboa ao conseguir a que a súa ESMU sexa escola oficial

A Escola de Música de Vilaboa, con máis de cen alumnos e 13 mestres, figura desde hai uns días no Rexistro de Escolas de Música e Danza de Galicia 

ESCOLA de Música de Vilaboa
photo_camera Alumnos da Escola de Música de Vilaboa. D FREIRE

A Casa da Cultura de Riomaior acolleu esta semana unha gran reunión para facer unha foto de familia. Tratábase dos mestres e alumnos da Escola de Música do municipio. O motivo da reunión non era o dun tradicional ensaio, nin ningún evento con algún dos patrocinadores desta escola, senón a celebración da súa oficialidade.

O centro, posto en marcha por un grupo de pais, que buscaron os docentes e se constituiron en asociación co apoio do Concello, conta, desde esta mesma semana, co certificado de oficialidade que lle confire o feito de estar incluido na lista de centros autorizados pola Xunta de Galicia para as materias de Danza e Música.

O Diario Oficial de Galicia publicou o xoves 19 a inclusión da escola no Rexistro de Escolas de Música e Danza da comunidade autónoma. A dirección da banda e da escola, liderada por Daniel Figueira considera que este fito é un éxito que axuda a darlle continuidade aos cinco anos de traballo para ir encamiñando este proxecto que xa reune a máis de cen alumnos, a trece mestres titulados e a un numeroso grupo de seguidores
 

Comentarios