lunes. 10.08.2020 |
El tiempo
lunes. 10.08.2020
El tiempo

Cen bandeiras para celebrar o Día da Matria en Poio

Entrega de banderas en el Día da Matria de Poio. JAVIER CERVERA
Entrega de banderas en el Día da Matria de Poio. JAVIER CERVERA
O Goberno de Poio encheu Ferreirós de música e animación infantil para engalanar o seu acto na véspera do 25 de xullo

Máis de cen bandeiras repartidas entre os veciños e asociacións para celebrar o Día da Matria, antesala do 25 de xullo no Concello de Poio. Ese é o resumo da convocatoria que se celebrou este mércores na Praza de Ferreirós de San Salvador e que combinou, como vén sendo frecuente, a vertente institucional coa parte máis lúdica dunha festa que o tripartito poiense quere que se extenda a todas as parroquias, de xeito que se esta á facer itinerante e se celebra cada ano nun punto diferente.

O que non esperaba o Goberno local poiense era que unha das tradicións que anualmente se desenvolven nesta data, o reparto de bandeiras de Galicia, se convertira na protagonista do día pola alta demanda de enseñas.

Normalmente, os políticos do Concello que ofrecen os discursos no acto oficial realizan unha entrega de bandeiras a todos os particulares e asociacións novas que piden a enseña galega para poder empregala nos seus actos ou para engalanar as súas casas nas festas. A mediados desta semana, cando se presentou a programación deste ano, o Día da Matria ía servir para repartir 30 bandeiras, pero o prazo de inscrición estaba aberto. A día de onte, minutos antes do inicio da convocatoria, o Goberno local contaba cunha listaxe de 108 demandantes de bandeiras. "Bateuse o récord absoluto", indicou a concelleira Marga Caldas, que xunto coa edil de festas, Raquel Rodríguez, presentaron o evento.

"Non sabemos se se repartirán todas no acto, porque algunhas familias xa avisaron de que non poderían asistir, pero as bandeiras quedan reservadas. E, do mesmo xeito, contamos con excedente por se algún dos asistentes tamén a quería e non atopou forma de reservala", explicou a concelleira instantes antes do acto, recalcando que "a maioría das peticións se realizaron a través do enlace da web do Concello".

Javi Praza de Ferreirós. Día da Matria. Actuacións e reparto de bandeiras en POIOA proposta deste ano para celebrar o Día da Matria estaba pensada en clave familias, de xeito que, desde as 19.30 horas se desenvolveu na praza unha actuación de animación infantil, a cargo de Peter Punk, e posteriormente se iniciou o acto institucional coas intervencións do alcalde, Luciano Sobral; do deputado nacionalista Mini Rivas, e da concelleira Marga Caldas.

Posteriormente iniciouse a entrega das enseñas aos particulares e a media ducia de asociacións, e, por último, ao acabar co reparto das mesmas, chegou o turno da actuación musical, que este ano correu a cargo do grupo vocal De Vacas.

Cen bandeiras para celebrar o Día da Matria en Poio
Comentarios