Un centenar de Seat 600 deleitan aos presentes polas rúas de Arcade

▶ O Club 600 Arcade ven de celebrar a XXV edición da súa Concentración de Seat 600 que remataron a súa ruta en Sanxenxo, onde celebraron unha comida todos xuntos
 
Os asistentes sacaron a pasear os seus antigos Seat 600. DAVID FREIRE
photo_camera Os asistentes sacaron a pasear os seus antigos Seat 600. DAVID FREIRE

O Peirao de Arcade acolleu o domingo a XXV Concentración de Seat 600 organizada polo Club 600 Arcade. Ata alí achegáronse preto de un centenar deste modelo emblemático procedentes de varios lugares de España como Madrid, Barcelona, Sevilla ou Valencia. Pero tamén se achegaron varios veciños afeccionados ao mundo do motor que querían ver de preto tal cantidade de coches do mesmo modelo.

EN RUTA. O momento álxido da concentración auomovilística chegou coa saída en ruta dos case 100 Seat 600 sobre as 11: 30 horas da mañá. Neste traxecto os conductores pasearon pola Costa da ría de Pontevedra baixo a atenta mirada dos curiosos que se achegaban á rúa para ver pasar a este emblemático modelo que encheu as estradas españolas durante os anos 60.

A meta do recorrido estaba establecida en Sanxenxo, lugar onde aos conductores lles esperaba unha comida en grupo da que gozaron as case 200 persoas procedentes de preto de 30 clubes de toda España.

Un centenar de Seat 600 de varios lugares de España achegáronse ata O Peirao de Arcade

HISTORIA DO CLUBE. O clube organizador, o Club 600 Arcade, ten unha longa tradición no tempo. Foi fundado en 1995 por un grupo de amigos co obxectivo de facer unha homenaxe ao mítico modelo do Seat 600. O seu principal obxectivo dende un principio foi celebrar concentracións nas que se fomentase a relación entre persoas cunha mesma afición, este emblemático modelo de coche.

Este clube, o segundo da comunidade autónoma adicado aos Seat 600, contaba nos seus inicios con soamente doce socios. Pero este número viuse incrementado co paso do tempo. E é que no seu segundo ano en activo xa eran 30 persoas as que pasaron a formar parte do clube. Na actualidade a cifra é moito máis alta e xa chega ao centenar de persoas, non só de Arcade, senón tamén de municipios cercanos.

Un centenar de persoas pertencen ao Club 600 Arcade

Dende o ano da súa fundación organizan unha concentración, que este ano celebra as súas bodas de prata.

Comentarios