miércoles. 16.06.2021 |
El tiempo
miércoles. 16.06.2021
El tiempo

Cerdedo-Cotobade celebra o recoñecemento a Antón Fraguas

Fraguas, á esquerda, con Díaz Pardo, nunha imaxe de arquivo. DP
Fraguas, á esquerda, con Díaz Pardo, nunha imaxe de arquivo. DP

O concello foi un dos máximos impulsores da súa candidatura ás Letras Galegas

O rexedor de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, celebrou a designación de Antón Fraguas como figura homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2019. "É unha honra como alcalde que isto sexa xa un feito", escribiu no seu perfil de Facebook.

Fraguas era de Loureiro, Cotobade, e este concello foi un dos máximos impulsores da candidatura.

Por outra banda, este é o cuarto pontevedrés homenaxeado desde 2012. Ese ano as Letras Galegas adicáronselle a Valentín Paz Andrade, en 2015 a Filgueira Valverde e en 2018 a María Victoria Moreno.

Cerdedo-Cotobade celebra o recoñecemento a Antón Fraguas
Comentarios
ç