Cerdedo-Cotobade creará una pista que funcionará como cortalumes en Parada de Tenorio

O lugar viuse afectado polo lume en varias ocasións nos últimos anos e mesmo foi preciso desaloxar vivendas

Cordón antilumes en Parada
photo_camera Cordón antilumes en Parada

O Concello de Cerdedo-Cotobade vén de pedir permiso a Medio Rural para crear unha pista forestal nun camiño que bordea o Coto das Rodelas, en Parada de Tenorio. Trátase dun vial ancho que evitaría o paso das lapas desde Gargallóns en caso de lume. O lugar foi afectado polas lapas varias veces nos últimos anos e mesmo foi preciso desaloxar casas en 2017. A medida forma parte do programa que o Concello prepara de cara á tempada de alto risco de incendios.

Comentarios