Cerdedo-Cotobade denunciará os vertidos ilegais feitos durante a alarma sanitaria

Jorge Cubela, calificou de "intolerables, vergoñentas e irresponsables" estas actitudes
Verquido en Cerdedo-Cotobade. CEDIDA
photo_camera Verquido en Cerdedo-Cotobade. CEDIDA

O Concello de Cerdedo-Cotobade vén de detectar un aumento de depósitos ilegais de lixo no interior dos contedores como consecuencia das intensas tarefas de limpeza que se están a facer en moitas casas polo confinamento do coronavirus, e anunciou que vai poñer todos os medios para acoutar de inmediato esta grave situación medioambiental comezando pola interposición das correspondentes denuncias ante a Garda Civil.

Trátase de depósitos prohibidos que, apunta o Concello que por moito que sexan resultado dunha maior actividade de limpeza dos veciños durante confinamento, non se están facendo de xeito responsables e complican a tarefa dos servizos de limpeza, que son uns dos piares esenciais da loita para manter a raia a expansión do coronavirus. Ante esta situación, o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, calificou de "intolerables, vergoñentas e irresponsables" estas actitudes.

"Estes vertidos ilegais no actual marco de grave crise sanitaria amosan a moi pouca consideración que uns poucos teñen co respecto ao medio ambiente, coa lei, coa reciclaxe, co traballo dos operarios municipais co estado de alarma e co ben común", ratificou.

Comentarios