viernes. 14.08.2020 |
El tiempo
viernes. 14.08.2020
El tiempo

Cerdedo-Cotobade impulsa unha aldea modelo en Parada

Mapa da zona.
Mapa da zona.
O obxectivo é limpar as fincas e reactivar a agrogandaría ► O próximo paso é a delimitación do polígono por parte de Medio Rural

O Concello de Cerdedo-Cotobade está a impulsar un proxecto de aldea modelo na parroquia cerdedense de Parada, co dobre obxectivo de favorecer a limpeza de fincas para o seu uso e para a prevención de lumes forestais e de reactivar o sector agrogandeiro nesta contorna. Trátase dun novo formato produtivo deseñado pola Xunta de Galicia para recuperar zonas rurais en risco de abandono

Pola súa banda, o Concello xa fixo "a súa parte", e acadou as sinaturas de autorización dos propietarios dos terreos afectados, que se corresponden cos lugares de Parada e Mouteira, e agora só está pendente de que a Consellería de Medio Rural proceda a remitir a delimitación exacta do polígono para determinar a superficie beneficiaria desta aldea modelo. En calquera caso, xa se coñece que a contorna partirá dende ambos núcleos e superará con creces as denominadas franxas de protección dos lumes, fixadas no perímetro de 50 metros, xa que se pretende que chegue ata o pé dos montes da parroquia.

O proxecto da aldea modelo de Parada é un dos primeiros da provincia de Pontevedra, xa que, ata a data, a Consellería de Medio Rural puxo en marcha unha ducia deles en Lugo e Ourense e pretende seguir extendendo este formato produtivo rural cunha vintena máis ao longo deste ano. Entre eles estaría o deste territorio cerdedense cando chegue, nas vindeiras semanas, a aprobación por parte da Xunta.

Esta actuación céntrase na posta en valor de terras de zonas maioritariamente abandonadas, improdutivas ou que están en risco de padecer estas circunstancias, así como no reforzo da comercialización de produtos do sector primario e na prevención dos lumes forestais. Para elo, a Xunta asumirá a limpeza e desbroce de toda a contorna beneficiaria a través de Seaga por espazo de cinco anos e, a cambio, os propietarios deberán reimplantar unha actividade agrogandeira nesta zona, ou permitir que xente interesada seleccionada pola Xunta se encargue destas tarefas.

Cerdedo-Cotobade impulsa unha aldea modelo en Parada
Comentarios