Cerdedo-Cotobade creará unha app de promoción turística para Android e iOS

Será gratuita e os usuarios poderán confeccionar as súas rutas segundo os seus gustos e intereses
Festa do caracol. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Festa do caracol. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O Concello de Cerdedo-Cotobade inicia a elaboración dunha App turística para anticipar solucións concretas e útiles para reactivar a economía local aproveitando as sinerxias que se crearán coa celebración do Xacobeo e coa mobilidade cidadá cando se levanten as restricións e dimininúa a incidencia da pandemia.

Este proxecto terá un tratamento global e poderá ser utilizado de xeito gratuíto en dispositivos móbiles de nova xeración tanto con sistema operativo Android como iOS e abarcar o conxunto do municipio sen diferencias territoriais. Os usuarios poderán guiarse por medio de sistemas de xeolocalización para confeccionar a súa propia ruta en función das súas apentencias e intereses desde turismo rural e paisaxístico, arquitectónico tradicional, etnográfico, arqueolóxico e mesmo gastronómico. Esta iniciativa irá acompada de toda unha serie de accións promocionais de rutas así como de figuras senlleiras da literatura e da historia do concello apoiándose en códigos QR para promovela participación dos máis pequenos a modo de mapa do tesouro turístico, paisaxístico e histórico do municipio.

Esta App aposta pola gastronomía local, o turismo rural e a hostalería nas súas diversas vertentes coa inclusión dunha guía interactiva onde figurarán os establecementos da localidade, ao igual que os monumentos a visitar, un sistema de ubicación para unha mellor xeolocalización.

Comentarios