A empresa adxudicataria, Coviastec, presentou unha oferta que permite aforrar un 11% sobre o prezo de saída fixado polos técnicos en casi 300.000 euros e na que comprometeu melloras enfocada á limpeza e tratamento de zona arbustiva, drenaxe e saneamento.
Estas obras de acondicionamento paisaxístico do entorno e acceso da Carballeira de San Xusto están incluídas dentro do Pacto pola Paisaxe, primeiro que se asina en Galicia e que ten como protagonistas ás zonas próximas aos meandros do río Lérez.
Do total do custe das obras, a Xunta asume o 70% mentras que o Concello de Cerdedo-Cotobade farase cargo de aportar o outro 30% restante co fin de que se poida levar a cabo do mellor maneira posible esta actuación que mellorará substancialmente o uso e a seguridade na zona ao tempo que se recupera o concepto de unidade que sempre tivo e volverá a ter.
A intervención proposta busca dignificar o lugar para que vaia en consonancia cos elementos patrimoniais que alí se atopan, remarcándoos e poñéndoos en valor. Para isto levaranse a cabo una serie de intervencións en distintos puntos do ámbito para conseguir finalmente una visión de conxunto harmónica e acorde aos valores que aquí se atopan.
O ámbito de intervención circunscríbese ós terreos de propiedade municipal que constitúen a zona de accesos propiedade do concello de Cerdedo- Cotobade. No entorno da carballeira esta parcela ten unha serie de ensanchamentos que serven como aparcadoiro e outros usos, e que na actualidade se atopan totalmente asfaltados.
Esas superficies asfaltadas impermeables supoñen importantes escorrentías en épocas de choiva.
A proposta sobre estas zonas de aparcamento consistirá na fragmentación desas superficies asfaltadas impermeables intercalándoas con zonas adoquinadas e a introdución de arbolado que mellore visualmente estes ámbitos.
Estableceranse tamén zonas de infiltración de auga nas bandas adoquinadas para mellorar o comportamento ambiental.
Na segunda zona a superficie total de 907 cadrados nas mesmas características de impermeabilización ca o anterior faráse unha adecuación con vexetación baixa e unha protección da capelacun muro-banco de pedra na zona de bordo. Así, a capela quedará a unha distancia da calzada considerable para a súa protección. Tamén se porá en valor a fonte e sinalar a súa relación directa coa capela e a caballeira. Para isto recórtase o asfalto ao seu paso pola zona da fonte e faise un cambio de pavimento sendo o novo un adoquín que permita marcar a diferenciación e resaltar a importancia da fonte. En canto aos carballos que actualmente se atopan no interior da estrada óptase por limitar a calzada ao seu paso polos mesmos, eliminando o asfalto necesario. O vial, polo tanto, queda reducido e dividido neste punto, limitando o ancho dos carrís.
A terceira zona ten unha superficie total de 2.053 metros cadrados. Esta zona, actualmente destinada a aparcadoiro, converterase nunha zona verde que albergará, tan só nos momentos de maior afluencia, unha zona convertible a aparcamento polo seu pavimento drenante de herba baixa. Na veira esquerda continuarase con percorrido peonil a través desa zona natural de herba baixa en continuidade coa carballeira. Este lugar funcionará ás veces como campo da festa.
Mirador
