Cerdedo-Cotobade mellora a eficiencia enerxética na Casa do Pobo de Almofrei

Cubela pon en valor a importancia dos centros sociais como puntos de encontro e dinamización da veciñanza sobre todo no rural
Jorge Cubela visitou a Casa do Pobo de Almofrei. DP
photo_camera Jorge Cubela visitou a Casa do Pobo de Almofrei. DP

O Concello de Cerdedo-Cotobade acaba de rematar unha intervención na Casa do Pobo de Almofrei para lograr unha maior eficiencia enerexética e confortabilidade coa instalación de ventás de PVC en cor marrón con dobre acristalamento e illamento térmico así como o pintadototal do salón principal do centro veciñal que supuxo un investimento dus 13.000 euros.

Esta actuación permitirá mellorar a habitabilidade e confortabilidade da Casa do Pobo de Almofrei cuxa veciñanza viña solicitnado a colaboración do Concello para proceder ao cambio das xanelas existentes que estaban vellas e obsoletas e que resultaban ineficientes á hora de manter illada a estancia así como ao pintado interior de todo o salón principal que xa precisaba dunha intervención deste tipo para mellorar a súa imaxe e condicións de uso.

O alcalde Jorge Cubela salientou a importancia deste tipo de intervencións en locais sociais e veciñais xa que son puntos de encontro da veciñanza, sobre todo, no rural, porque permiten desenrolar actividades socioculturais en aldeas e parroquias.

Cubela sinalou que "foi un investimento importante, pero quixemos que se solucionara dunha vez todos os problemas de illamento que presentaba o edificio e favorecer que, sobre todo no inverno, a Casa do Pobo de Almofrei resultara un lugar agradable no que estar para fomentar o encontro e a convivencia veciñal, se fagan actividades e se contribuia ao dinamismo sociocultural. Para elo instalamos novas ventás de PVC e dobre acristalamento que non so dan luminosidade ao local senón que favorecen o seu mellor illamento térmico, a confortabilidade interior e se consuma menos enerxía ao usar elementos de calefacción", indicou.

O alcalde lembro que tamén se atendeu a petición veciñal para acometer o pintando interior de todo o salón principal do centro social "que xa lle viña facendo falta", concluiu Cubela.

Comentarios