Cerdedo-Cotobade pedirá fondos post-covid por valor de tres millóns de euros

A Corporación aprobou por unanimidade o proxecto, que contempla medidas como instalar placas solares, substituír luminarias pouco eficientes e instalar un punto de recarga eléctrica para os turismos
Cubela Pleno
photo_camera O Pleno celebrado este mércores pola mañá. D.P.

O Consistorio de Carballedo, en Cerdedo-Cotobade, acolleu onte un Pleno Extraordinario no que se aprobou, por unanimidade, o proxecto co que concurrirá o Concello a fondos europeos DUS 5000 para a sostenibilidade enerxética. Trátase de fondos do plan post-covid, e o Concello aspira a obter partidas por case tres millóns de euros.
O Concello concurrirá ao procedemento polo que se regula a concesión directa de axudas para investimentos a proxectos singulares locais de enerxía limpa en municipios de reto demográfico, como é o caso, e no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Cerdedo-Cotobade, un modelo enerxético sostible é o fío conductor destas peticións, encamiñadas á mellora da eficiencia enerxética das dotacións, o despregamento de xeración eléctrica renovable fotovoltaica, da súa dotación de almacenamento, e o impulso da electrificación da mobilidade, substituíndo vehículos públicos de combustión fósil por tecnoloxías enchufables e instalando infraestruturas de recarga.

A primeira medida serviría pata aforrar na factura da luz do CEIP Tenorio, a Galiña azul e a EDAR, ubicados todos na mesma zona

Estas actuacións contan cun orzamento total de 2.998.087,53 euros, IVE incluído, e divídense en tres propostas adscritas a distintas medidas contidas no decreto que regula estes fondos. 

A primeira delas sería a proposta de aforro enerxético usando a enerxñia fotovoltaica, adscrita á Medida 2 do decreto, referida a instalacións de xeración eléctrica renovable para autoconsumo. Neste apartado contémplase a instalación de placas fotovoltaicas na cuberta do CEIP Tenorio, e de baterías de almacenamento da enerxía.

Con este equipo conseguiríase aforrar o custe total do consumo eléctrico anual do colexio, e repartiríase o excedente para os edificios da escola infantil Galiña Azul e a EDAR de Tenorio. O orzamento neste apartado é de 251.817,90 euros.

A segunda medida destinaría 1,2 millóns de euros a renovar alumeado de varias parroquias


O Concello opta tamén á Medida 4 referente á loita contra a contaminación lumínica, iluminación eficiente, Smart rural e TIC. Neste apartado, quere instalar sistemas de xestión e control da demanda de enerxía do alumenado e a reforma das instalacións con tecnoloxía máis eficiente para aforro anual de máis do 67% de iluminación, e de 15% polo Smart rural. Orzamento total, IVE incluído sería de 1.348.632,77 euros.

Finalmente, o Concello acudirá tamén á liña de axudas denominada Medida 5. Movilidad sostible para a implantación e acondicionamento dun vial e a instalación dun punto de recarga para vehículo eléctrico na futura área de recreo e acampada, cun aforro de máis do 40% de consumo de enerxía e un orzamento de 1.397.636,85 euros.

Comentarios