Cerdedo-Cotobade reforza o seu plantel con 25 traballadores de distintas áreas

Este I Plan de Emprego 2024, que conta coa colaboración da Deputación a través do programa +Provincia, suporá un investimento duns 300.000 euros

Encofradores nunha construción. RAFA FARIÑA
photo_camera Encofradores nunha construción. RAFA FARIÑA

O Concello de Cerdedo-Cotobade rematou co proceso de incorporación dos 25 traballadores que irán destinados a reforzar o plantel de Obras Públicas e Medio Ambiente e que proceden da selección levada a cabo entre o centenar de candidatos, veciños e veciñas residentes no municipio en situación de desemprego e que foron incluídos polo Servizo Galego de Colocación como posibles beneficiarios do plan municipal de empregabilidade incluído na liña de financiamento do programa +Provincia da Deputación de Pontevedra.

Este I Plan de Emprego 2024 conta coa colaboración económica da Deputación a través do programa +Provincia e suporá un investimento duns 300.000 euros dos que o Concello achegará uns 125.000 euros provintes de fondos propios para contratar a persoas desempregadas do municipio que serán destinadas a realizar múltiples labores. Os traballos máis salientables que realizarán por ocupacións son o de encofrador, que terá como unha das súas tarefas principais as reparacións urxentes, realización de pavimentacións en formigón e construción de muros de cerramento.

Os 12 operarios asumirán as podas, rozas e o motoserrista forestal terán tarefas de limpeza e roza de rutas sendeirismo e o acondicionamento de zonas verdes. Pola súa banda, os tres conductores-operarios de maquinaria forestal a motor terán a misión de manexar os tractores municipais para rozas e limpeza de parcelas de titularidade municipal.

Os dous pintores de vías urbanas ocuparanse de tarefas de pintado de vías e dependencias municipais e mellora da sinalización horizontal en estradas e o canteiro realizará reparación de empedrados e creación de novas zonas, así como de arranxar as fontes e lavadoiros que se atopen en situación deficiente. Finalente, o enxeñeiro técnico forestal levará a cabo as notificación de limpezas de fincas, expedientes relacionados con este tema, a coordinación dos traballos de desbroces e planificacióne e aplicación da Lei de prevención e defensa contra os incendios.

Comentarios