Vén de ser restaurado e posto en valor, pero O Forno do Cal de Vilaboa non goza de tranquilidade. O alcalde de Vilaboa, César Poza, acaba de facer unha chamada ao civismo, tras detectarse marcas de rodas de coches por todo o espazo recén rehabilitado, estacionamentos indebidos e furtos de flores acabadas de plantar, ou desperfectos nas lastras.
"Quen fai iso, non dana o patrimonio, ou a nós, dánase a si mesmo, pois o Forno é de todos", censurou Poza, que advirte de que "seguiremos defendendo e arraxando este ben", apuntou, recordando ademais que non fora nada fácil conseguir este proxecto e fondos para poñelo en marcha.
"Tiña que estar feito de antes, pola importancia que ten, pero hai moito traballo detrás previo a esta fase das obras", recalcó.