O mal tempo obriga a suspender os actos polo Día da Galiza Mártir na Caeira

Unha moza, na homenaxe a Alexandre Bóveda, na Caeira. JOSÉ LUIZ OUBIÑA (ADP)
photo_camera Unha moza, na homenaxe a Alexandre Bóveda, na Caeira o ano pasado. JOSÉ LUIZ OUBIÑA (ADP)

A Fundación Alexandre Bóveda e o Concello de Poio decidiron adiar os actos públicos polo Día da Galiza Mártir na Caeira "por mor das condicións meteorolóxicas que se prevén das vindeiras horas e co obxectivo de garantir as medidas de seguridade e prevención do protocolo contra a Covid-19".

Con todo, convidan a achegarse ao monolito da Caeira na honra de Alexandre Bóveda a todos aqueles que desexen realizar "a súa propia ofrenda a título individual". Neste sentido, informan de que "o panteón de Alexandre e Amalia estará aberto dende as 18 horas ata as 19:30 a tal efecto, mantendo a misa das 18".

A nova data da celebración darase a coñecer próximamente.

Comentarios