O churrasco confinado, un éxito en Barro

A rúa das Baladas foi a protagonista deste encontro festivo, que se levou a cabo co obxectivo de axudar á hostelería local
Pregón de Johnny Güimil, na festa do churrasco interbalcóns. GONZALO GARCÍA
photo_camera Pregón de Johnny Güimil, na festa do churrasco interbalcóns. GONZALO GARCÍA

A rúa das Baladas do concello de Barro viviu este domingo unha auténtica celebración popular dende o confinamento. A primeira edición da Festa Gastronómica do Churrasco Interbalcóns, organizada pola Comisión de festas das Baladas, conseguiu animar á práctica totalidade dos bloques de edificios durante unha xornada na que non faltaron os bailes, a comida, nin, por suposto, a animación, que correu a cargo do veciño máis popular do confinamento, Johnny Güimil. Unha vez máis, Güimil botou man do seu equipo de son para deleitar á veciñanza nunha celebración que mesmo contou con programa de festas e con adornos festivos dispostos polas rúas e balcóns para a ocasión.

Barro. Festa-churrascada nos balcóns. Ás 13.00h hai pregón de Johnny Güimil dende o balcón da súa casa (un ático da rúa As Baladas). Haberá música e, na rúa, unha mesa con pinchos para Protección Civil. A rúa vai estar adornada (foto disto tamén). Ás 14.00h os veciños de As Baladas comerán o churrasco nos balcóns (Fotos de veciños durante a comida), domingo, 26 abr · 13:00–14:00

O obxectivo da celebración non foi outro máis que apoiar á hostelería local, encargada de elaborar e distribuir varios quilos de churrasco entre os veciños, coa colaboración do chef Sergio Orge e o establecemento Comercial Casal.

Deste xeito, os que dispoñen de balcón saíron a degustar as costelas, e os que non, uníronse a unha sesión vermú que estivo máis animada que nunca, na que mesmo houbo unha mesa disposta na rúa para Protección Civil. Güimil, que foi o encargado de dar o pregón, que non pode faltar en toda boa festa, saudou á veciñanza, tocou a guitarra e cantou, mentres a celebración se retransmitía tamén con éxito a través das redes, chegando a acadar a expectación incluso de persoas de Colombia e do resto do Estado. A alborada e a tirada de fogos dixitais foron algúns dos momentos máis tradicionais da xornada. Con sorte, a próxima churrascada será a pé de rúa.

Barro. Festa-churrascada nos balcóns. Ás 13.00h hai pregón de Johnny Güimil dende o balcón da súa casa (un ático da rúa As Baladas). Haberá música e, na rúa, unha mesa con pinchos para Protección Civil. A rúa vai estar adornada (foto disto tamén). Ás 14.00h os veciños de As Baladas comerán o churrasco nos balcóns (Fotos de veciños durante a comida), domingo, 26 abr · 13:00–14:00

Comentarios