sábado. 04.07.2020 |
El tiempo
sábado. 04.07.2020
El tiempo

Ferido grave un ciclista tras chocar en Poio cun coche parado

Evacuación do ciclista accidentado en Ferreirós, en Poio. GONZALO GARCÍA
Evacuación do ciclista accidentado en Ferreirós, en Poio. GONZALO GARCÍA
É un veciño de Pontevedra de 41 anos

Un ciclista, veciño de Pontevedra e de 41 anos, resultou ferido grave este domingo ao sufrir un accidente en Poio. O sinistro produciuse na Avenida de Andurique ás 10.54 horas.

Segundo informou a Policía Local de Poio, o ciclista impactou contra un coche que se atopaba parado na rúa deixando estacionar a outro que tiña diante. O ciclista resultou ferido grave e tivo que ser trasladado polo 061. Barállase como posible causa do accidente un despiste do ciclista.

A Policía Local de Poio instruiu dilixencias, mentres que a Garda Civil colaborou na regulación do tráfico. Protección Civil tamen acudiu para a limpieza da zona.

Outro accidente en O Rosal
Por outra banda, o helicóptero medicalizado do 061 con base en Ourense tivo que desplazarse para prestar atención a un ciclista que resultou ferido ao caer da súa bicicleta cando circulaba pola PO-552, en O Rosal.

O accidente ocorreu no concello pontevedrés, ao fío das 11.30 horas. Para prestar apoio ao equipo médico e garantir as condicións de seguridade na vía, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros do Porriño, dos membros do GES da Guarda, dos axentes da Garda Civil de Tráfico, dos membros de Protección Civil da localidade e tamén do servizo de mantemento da vía.

Ferido grave un ciclista tras chocar en Poio cun coche parado
Comentarios