domingo. 24.01.2021 |
El tiempo
domingo. 24.01.2021
El tiempo

Coempo reparte lotes de premios por mercar en Ponte Caldelas

Cita cunha dos premiados. DP
Cita cunha dos premiados. DP

A Asociación de comerciantes e empresarios de Ponte Caldelas (Coempo) repartiu este mércores, xunto ao alcalde, Andrés Díaz, varios lotes de premios do sorteo de Nadal realizado pola entidade, coa colaboración do Concello, e que acadou un total de 20.000 rifas repartidas entre os clientes. Os premiados recibiron cadanseu premio dos lotes compostos por un televisor de 55 pulgadas, tres ordenadores portátiles, seis tablets, 10 lotes de ibéricos e 10 vales de compra de 100 euros para gastar nos comercios asociados.

Ponte Caldelas recibe, en situación normal, compras de veciños de Cerdedo-Cotobade, A Lama, Fornelos de Montes e Pazos de Borbén. Neste sentido, Díaz, apoiou a iniciativa e lembrou "a importancia de dinamizar o comercio local", ao tempo que felicitou a Coempo, ao que lle concede unha subvención anual de 12.000 euros, "polo seu empeño en impulsar o pequeno comercio con campañas".

Coempo reparte lotes de premios por mercar en Ponte Caldelas
Comentarios