Colapsan parte das ruinas do antigo cine de Combarro

Non houbo que lamentar danos persoais
Os danos afectaron maioritariamente á fachada e parte do tellado. DP
photo_camera Os danos afectaron maioritariamente á fachada e parte do tellado. POLICÍA LOCAL DE POIO

Na noite deste venres produciuse un desprendemento que afectou a parte da estrutura das ruinas do edificio coñecido como o antigo cine de Combarro, situado a carón da igrexa parroquial. 

Os danos afectaron maioritariamente á fachada e parte do tellado, se ben non houbo que lamentar danos persoais, nin tampouco danos nos inmobles das súas inmediacións.

O concelleiro de Patrimonio de Poio, Xulio Barrreiro, lembrou que esta parcela pertence ao arzobispado, polo que nos vindeiros días reunirase co párroco de Combarro para estudar fórmulas para mellorar o espazo. 

Dado o avanzado estado de deterioro que presentan as ruínas, o Concello xa procedera hai algún tempo a precintar e valar o acceso por precaución.

Comentarios