O Colectivo Feminista mobilízase contra o agresor sexual de Lourido

Convoca para este sábado unha concentracióin na Praza da Peregrina ás 19.00 horas 
El invetsigado, en las inmediaciones de Lourido, tapado con un trapo y una gorra. DP
photo_camera O investigado, nas inmediacións de Lourido, tapado cun trapoe unha gorra. DP

O Colectivo Feminista Pontevedra (CFP) convoca para este sábado unha concentración na Praza da Peregrina ás 19.00 horas en apoio ás vítimas de Lourido, Poio, baixo o lema 'Unha agresión non pode ser unha sanción, se quen nos ten que protexer nos agrede, de quen nos podemos fiar?'.

A protesta fai referencia ao caso dun home que agrediu sexualmente a varias mulleres fotografiándoas mentres se masturbaba na praia de Lourido, en Poio. "O individuo chegou a masturbarse preto dalgunha das vítimas e mesmo coa roupa dalgunha delas", declaran as integrantes do Colectivo Feminista de Pontevedra.

A Policía Local de Poio xa ten recoñecido ao individuo, que resultou ser axente da Policía Nacional e é un home alto, duns 40 anos e complexión atlética. A efectos penais, a masturbación diante dunha muller non se considera delicto, senón una infracción leve. Varias mulleres levan meses xa denunciando as prácticas do agresor na contorna do areal, algunhas delas mozas moi novas.

Na concentración desta tarde, o Colectivo Feminista lerá un manifesto onde algunhas das vítimas achegarán o seu sentir e como lles está afectando a vivencia. "Queremos poñer de manifesto que isto lle pode pasar a calquera muller e non hai lei actualmente que recolla que é unha forma de agresión machista", explica o colectivo.

Comentarios