El Combo Dominicano será o prato forte das Festas de Fátima, en Campelo

A comisión de festas poralle fin ao parón da pandemia coa afamada orquestra, que actuará o venres 13 de maio
Actuación del Combo Dominicano en A Seca (Poio) en septiembre del pasado año. GONZALO GARCÍA
photo_camera Actuación de El Combo Dominicano na Seca (Poio) en setembro do pasado ano. GONZALO GARCÍA

A proliferación das vacinacións, a evolución da situación sanitaria e o recente anuncio de apertura de medidas, como por exemplo, a do uso da máscara en exteriores está facendo que as comisións de festas vexan máis viable volver a organizar eventos no formato tradicional.

Ese parece ser o caso da Comisión de Festas de Fátima, en Campelo, que nas últimas horas anunciou que haberá festas este ano para honrar á patroa e que, na medida do posible, a convocatoria non vai pasar inadvertida aos máis fieis ao mundo das verbenas.

Así, segundo anunciaron nas últimas horas nas súas redes sociais, "este ano 2022 se todo vai ben, volvemos con mais forza ca nunca, para ofrecérlle ós veciños e visitantes a actuación dunhas das mellores orquestas de Galicia: El Combo Dominicano".

A comisión de festas engade que a formación, unha das máis reputadas do ambiente das verbenas no Norte peninsular, será o prato forte da programación do propio día grande das festas, o venres 13 de maio, data na que actuará na praza da Granxa de Campelo.

Deste xeito, unha das datas máis queridas do calendario festivo do barrio pertencente á parroquia de San Xoán poderá dar por pechado o paréntese da pandemia, que deixou durante dous anos sen festas propiamente ditas á vecindade.

Pero como non todo será verbena, a comisión xa anunciou que moi pronto se anunciará a programación completa desta celebración, que tratará de server como revulsivo tanto a nivel social como económico para a localidade.

Comentarios