Comezan os traballos de restauración do cruceiro de Faxil, en Barro

Dende o colectivo A Forneiriña celebran o feito logo de "tres anos de loita"
 
O cruceiro de Faxil, en Barro. DP
photo_camera O cruceiro de Faxil, en Barro. DP

Este luns iniciáronse os traballos de restauración do cruceiro de Faxil, situado na parroquia de Agudelo, no concello de Barro. 

O cruceiro de Faxil. DPO colectivo A Forneiriña informa de que o cruceiro "levaba torcido dende o ano 2014". Durante este período procuraron poñer en coñecemento das institucións o estado deste elemento, aínda que segundo indican, o resultado non foi o agardado. Agora, "logo de tres anos de loita", esta asociación celebra o comezo dos traballos para mellorar o seu estado. 

A Consellería de Medio Rural asumiu a restauración do cruceiro  coa supervisión de Patrimonio. Os traballos botaron a andar coa desmontaxe das pezas e o traslado ao taller dun canteiro que, baixo a dirección dun restaurador, fará o traballo de limpeza, coidados e posterior recolocación nun emprazamento máis seguro da parcela.

Comentarios