O Concello de Barro repara e acondiciona o antigo lavadoiro, na parroquia de Agudelo

O orzamento total do proxecto foi de 9.965,68 euros, financiado con cargo a fondos propios municipais

O antigo lavadoiro do lugar do
Concello, na parroquia de Agudelo. CONCELLO DE BARRO
photo_camera O antigo lavadoiro do lugar do Concello, na parroquia de Agudelo. CONCELLO DE BARRO
O Goberno municipal de Barro continúa coa aposta pola recuperación e posta en valor dos elementos patrimoniais de titularidade municipal. Desta volta o obxecto da actuación foi o antigo lavadoiro do lugar do Concello, na parroquia de Agudelo. Unha construción que xogou no pasado un importante papel como fonte de auga para as vivendas e como pozo de regar para as fincas de labranza dese entorno. É por iso que o criterio principal que se seguiu neste proxecto foi o de manter a tipoloxía orixinal desta construción.

O obxecto das obras foi o da reparación e reforzo da cuberta, o saneamento de todo o entorno, a reparación do pozo de regar e a mellora da recollida das augas. A obra foi executada pola empresa Transportes e Cantería Antonio S.L: por ser a mellor oferta presentada. O orzamento total do proxecto foi de 9.965,68 euros, financiado con cargo a fondos propios municipais.

Comentarios