O Concello de Campo Lameiro denuncia roubo de xanelas na antiga escola unitaria de Couso

Ademáis das seis ventás roubadas, producíronse varios danos nas instalacións

Unha das fiestras subtraídas da antiga escola unitaria de Couso.
photo_camera Unha das fiestras subtraídas da antiga escola unitaria de Couso.

O Concello de Campo Lameiro presentou unha denuncia ante a Garda Civil polos destrozos e o roubo de xanelas na antiga escola unitaria de Couso. A primeira hora da tarde do día 25 deuse a voz de alarma tras detectarse que varias xanelas, en concreto seis, foran roubadas da antiga escola unitaria o que provocou que os responsables municipais se puxeran en contacto coa Garda Civil para proceder a presentar a correspondente denuncia.

Durante o roubo efectuado os malfeitores produciron varios danos de diversa consideración que tamén forman parte da denuncia presentada.

Desde o Concello prégase colaboración veciñal para localizar ao autor ou autores destes desperfectos e do roubo neste inmoble de titularidade municipal.

Comentarios