jueves. 13.05.2021 |
El tiempo
jueves. 13.05.2021
El tiempo

O Concello continúa a posta en marcha dos roteiros saudables en Cerdedo-Cotobade

Un dos enclaves polo que pasan os roteiros. DP
Un dos enclaves polo que pasan os roteiros. DP
A posta en marcha xurdiu para poñer ao alcance de calquera persoa sendeiros para poder camiñar ou facer deporte 

O Concello de Cerdedo-Cotobade continúa coa posta en marcha dos roteiros saudables cun novo percorrido que ten como punto de partida e chegada a Praza do Concello, en Cerdedo, e unha lonxitude circular de 5,5 quilómetros que descorren por frondosos bosques do val do Lérez. O alcalde, Jorge Cubela, felicitou aos técnicos do Concello pola posta en marcha dos itinerarios, que arrancaron en Semana Santa co de Almofrei, xa que se converteu nun "auténtico éxito de participación" non só veciñal, senón por parte de visitantes da contorna que gozaron das paraxes do río, a ponte medieval e da rica e variada biodiversidade.

NOVA RUTA DISPOÑIBLE. A última ruta que vén de ser sinalizada, acondicionada e cartografiada, é a do circuito que discorre nunha pequena parte polas rúas do núcleo urbán de Cerdedo, pasando pola igrexa parroquial de San Xoán, para logo adentrarse nas paraxes dende as que se poden descubrir vistas do río Lérez e cómodas pendentes que fan que este roteiro teña unha dificultade baixa.

A posta en marcha destes roteiros xurdiu, tal e como explicaron dende o Goberno local, coa intención de poñer ao alcance de calquera persoa cunha condición física normal un sendeiro para poder camiñar ou facer deporte percorrendo diferentes rutas perfectamente sinalizadas que permiten visitar espazos de recoñecido interese.

PARTICIPACIÓN VECIÑAL. Para deseñar este proxecto, o Concello recorreu á colaboración veciñal, co obxectivo de establecer os percorridos máis acaídos e que dean resposta a unha serie de parámetros que os fan recomendables para a práctica da actividade física como que sexan circulares, non teñan unha extensión superior aos catro ou seis quilómetros e se desenvolvan cunha duración media aproximada duns 45-50 minutos.

Segundo o alcalde, Jorge Cubela, "o éxito sorprendente da ruta de Almofrei fai que nos animemos a ter canto antes as demais sendas previstas neste ambicioso e pioneiro proxecto que irmanda a natureza co exercicio físico accesible para todo tipo de persoas e condicións", sinalou o alcalde, polo que ao comezo das rutas aparecen explicadas a lonxitude, o tempo estimado a invertir no seu percorrido e unha serie de recomendacións para antes de iniciar a marcha como quentar e hidratarse.

O Concello continúa a posta en marcha dos roteiros saudables en...
Comentarios
ç