miércoles. 12.05.2021 |
El tiempo
miércoles. 12.05.2021
El tiempo

O Concello da Lama contratou a 11 persoas a través da Liña 3 do Plan Concellos

Rural de A Lama. DAVID FREIRE
Rural da Lama. DAVID FREIRE
Dedicaranse a labores de limpeza e desbroce para garantir o mantemento dos espazos públicos

O Concello da Lama iniciou os traballos de limpeza e desbroce que se levan a cabo anualmente grazas ao reforzo de persoal a través da Liña 3 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. A Administración local escolleu a zona do polígono de Racelo para o inicio destas tarefas.

O Concello contratou a 11 persoas a través do Plan Concellos para ocupar varios postos relacionados con funcións de limpadora, peóns da construción, conductores de excavadora, peóns forestais e auxiliares administrativos.

Os candidatos seleccionados estaban en situación de desemprego e que foron remitidos ao Concello desde a Oficina de Emprego (tal e como determinan as bases definidas pola Deputación), quen envía un mínimo de tres candidatos por posto. A relación de aspirantes, os seus nomes e puntuación nas distintas probas de selección, foi feita pública a través do taboleiro de anuncios situado na planta baixa do Consistorio.

As persoas que remite a oficina de emprego foron examinados por un tribunal técnico para a súa selección.

O Plan de Emprego da Deputación é unha posibilidade que ten o Concello da Lama de poder contratar persoal xa que a normativas para a estabilidade orzamentaria fan imposible outra forma de ofertar postos de traballos por parte desta Administración local. O tenente de alcalde, David Carrera, salientou como "moi importante para os concellos como o noso que a Deputación siga a promover accións que favorezan a contratación de persoal que axude ao mantemento e conservación de espazos públicos, así como o funcioamento de bens e servizos municipais xa que doutro xeito sería moi complicado atender tódalas demandas". 

O Concello da Lama contratou a 11 persoas a través da Liña 3 do...
Comentarios
ç