sábado. 16.10.2021 |
El tiempo
sábado. 16.10.2021
El tiempo

Poio iniciou o expediente do Ateneo a raíz da polémica do 'bar social' en 2017

Sede do Ateneo no casco histórico. RAFA FARIÑA
Sede do Ateneo no casco histórico. RAFA FARIÑA
Remitiu o asunto ao Ministerio, que contactou coas persoas "relacionadas coa antiga propietaria"

A polémica pola propiedade do Ateneo Corredoira de Combarro, que saltou á actualidade nos últimos meses, coa aparición dun suposto propietario que puxo o edificio á venda nun portal inmobiliario, ten, sen embargo, os seus antecedentes nunha polémica de igual calado, que tivo lugar entre 2016 e 2017. Con anterioridade, os usuarios do Ateneo solicitaran ao Concello de Poio unha licenza de bar social que, sen embargo, derivara nunha serie de arrendamentos a terceiros con fins lucrativos, unha circunstancia que naquela altura provocara as queixas da veciñanza durante anos, nun momento no que o Concello constatara que se fixeran obras interiores sen permiso. En 2017 retirouse a posibilidade de utilizar o edificio como bar social e, ante a ausencia dun responsable directo do inmoble, entre outras accións emprendidas polo Concello de Poio para aclarar a situación, o asunto foi remitido ao Ministerio de Cultura, que abriu o expediente de propiedade "para facer averiguacións".

Así o confirmou o concelleiro de Facenda, Xulio Barreiro, que explicou que, a partir de aí, o Ministerio "iniciou a investigación, chegando a contactar con posibles descendentes de Florinda Salgueiro", a última propietaria do inmoble recoñecida, emigrada a Uruguay, e que nos anos 70 iniciou de xeito voluntario un proceso co Estado para formalizar a compra-venda ou expropiación da vivenda. A pesar de que o Ministerio chegou a contactar cos descendentes de Salgueiro, o edil de Facenda valorou que "é probable que non chegara a profundizar no expediente", e aludiu á existencia dun documento de expropiación "asinado por Franco" para a creación dun museo no edificio do actual Ateneo.

Neste sentido, o Concello de Poio apuntou a máis evidencias que cre probatorias, aínda que non definitivas, de que o edificio do Ateneo é de titularidade pública, e non privada, tras a suposta compra-venda do inmoble ao Estado, se ben non se atopou, ata o momento, ningún documento de pago que así o acredite, nin tampouco un testamento que nomee como lexítimos herdeiros aos descendentes de Florinda Salgueiro.

Segundo explicou Barreiro, ao Concello cónstalle que "o local foi cedido" e que "o Delegado de Cultura estivo na inauguración". De feito, explica Barreiro, a veciñanza recolle unha anécdota na que se explica que "cando se inaugurou o Ateneo, uns veciños propietarios da palleira que ten en fronte fóronlla ofrecer ao Delegado para que a mercara ao igual que o edificio, e este rexeitou a proposta dicindo que sería noutro momento".

MÁIS HERDEIROS. Florinda Salgueiro, a poiense emigrada a Uruguay e última propietaria coñecida do edificio do Ateneo, tería falecido nese país sen deixar descendencia directa, polo que os seus bens pasarían ao herdeiro que agora reclama a titularidade do Ateneo (descendente dunha irmá de Florinda Salgueiro), se ben o inmoble, ata onde se sabe, non consta en ningún testamento. Sen embargo, o edil de Facenda acredita a existencia de dous novos familiares, irmáns de Florinda Salgueiro, a quenes tamén correspondería a lexítima herdanza e que poderían posicionarse a favor da cesión do inmoble.

Sobre esta circunstancia, ao Concello de Poio chegoulle unha comunicación do rexistro conforme se estaba tramitando o expediente de dominio nunha notaría de Pontevedra.

O edil de Facenda asegurou que os próximos pasos do Concello serán contactar co Catastro, Patrimonio e co Consulado de Uruguay para tartar de averiguar se Florinda Salgueiro "fixo algún tipo de testamento", e poder chegar ao fondo do asunto.

Poio iniciou o expediente do Ateneo a raíz da polémica do 'bar...
Comentarios
ç