lunes. 14.10.2019 |
El tiempo
lunes. 14.10.2019
El tiempo

O Concello de Poio satisfeito tras a XIX Festa do Mar

Ambiente da carpa gastronómica durante a Festa do Mar. DAVID FREIRE
Ambiente da carpa gastronómica durante a Festa do Mar. DAVID FREIRE
As actividades celebradas contaron cunha boa acollida, destacan o festival Chalaniña e os concertos de Eleni Foureira e Davíd de María

A Concellería de Festexos do Concello de Poio amósase moi satisfeita coa valoración da XIX Festa do Mar celebrada en Combarro debido ao seu desenvolvemento e á positiva acollida de todas as actividades que tiveron lugar entre o 21 e o 25 de agosto, tamén sinalan a grandísima afluencia de público acadada.

Entre as actividades desenvolvidas destacan o Festival Infantil Chalaniña e a VII Edición da Mostra da Canción Mariñeira, nesta participaron un total de 12 grupos procedentes de toda a provincia e o seu punto álxido foi a última xornada, na que a carpa permaneceu ateigada de xente. A celebración da XXIV Concentración de Embarcacións Tradicionais contou cun total de 34 embarcacións de Galicia e Portugal entre as que se poden destacar as dornas, catraias e Galeóns. Respecto aos concertos nocturnos que se levaron a cabo na Praza da Chousa, a maior afluencia concentrouse nas actuacións de Eleni Foureira e David de María na gala celebrada na segunda xornada de festas. Outro dos concertos máis destacados foi o de Herdeiros da Crus, dentro do Festival Armadiña Rock.

Á Mostra Gastronómica celebrada no Peirao da Canteira achegáronse milleiros de visitantes atraidos pola calidade e variedade ofertadas. As tres procedencias principais correspondéronse coa afluencia do resto da provincia, de Madrid e de A Coruña.

Os tres pratos máis demandados foron a ameixa de babosa da ría de Pontevedra cociñada en varias modalidades, o polbo e o mexillón. O consumo realizado na carpa gastronómica supuxo un incremento dun 21,97 porcento das vendas respecto á cifra acadada o ano pasado, corréspondéndose nesta edición cun total de 63.715,50 euros.

O Concello de Poio satisfeito tras a XIX Festa do Mar
Comentarios