martes. 07.04.2020 |
El tiempo
martes. 07.04.2020
El tiempo

O Concello de Poio traslada á veciñanza o proxecto de mellora da seguridade viaria

Turismos mal estacionados en línea continua en Combarro. R. FARIÑA/ARCHIVO
Turismos mal estacionados en línea continua en Combarro. R. FARIÑA/ARCHIVO
A asamblea será o xoves 26 ás 20.00 horas no local da Comunidade de Montes de Combarro

O Concello de Poio convoca unha reunión informativa aberta a toda a veciñanza na que se abordará o proxecto da Axencia Galega de Infraestruturas, que se atopa en trámite de exposición pública ata o 10 de xaneiro de 2020, segundo o anuncio do 2 de decembro de 2019. Trátase do proxecto de mellora da seguridade viaria no contorno do treito de concentración de accidentes na estrada PO-308 e da relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados.

Na cita explicarase o estado da cuestión, despois de que o Concello presentara unha relación de peticións para mellorar a seguridade viaria no municipio. "Dende o concello pedíronse rotondas, beirarrúas e outras melloras. Algunhas tivéronse en conta e outras non, e a nosa idea é transmitirlle á veciñanza en que punto nos atopamos, e tamén que a mesma veciñanza se poida expresar", sinala o concelleiro de Urbanismo, Gregorio Agís.

O concelleiro explica que, unha das peticións por parte do Concello que non foi considerada pola Axencia Galega de Infraestruturas, e que máis se bota en falta, é a construción dunha rotonda en Combarro, no punto que conecta coa PO-308. que sustitúa a actual intersección, que se atopa nunha zona de servizos xunto a un supermercado e unha farmacia, ademais da baixada cara o peirao de Combarro.

"É un punto conflitivo, sempre hai grandes retencións porque os vehículos que baixan cara Combarro vense freados polos da PO-308 e viceversa. Cremos que unha rotonda sería a mellor solución", sinala Agís.

A asamblea será o xoves 26, ás 20.00 horas, no local da Comunidade de Montes de Combarro.

O Concello de Poio traslada á veciñanza o proxecto de mellora da...
Comentarios