O Concello renova a súa colaboración co Barro C.F. coa achega de 6.000 euros

Fernández Abraldes destacou na sinatura do convenio o bo traballo do clube deportivo a prol da dinamización e da formación deportiva que realizan no concello
sinatura_convenio_BarroCF_2022_3 (2)-1
photo_camera Acto de sinatura do convenio, no Concello de Barro. D.P.

O alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes recibiu na tarde do martes a José Sanmartín e Eva Paredes,para firmar o convenio de apoio ao Barro C. F. Sanmartín, presidente da entidade e Paredes, Secretaria, ratificaron o acordo polo cal o clube de fútbol percibirá 6.000 euros para  contribuír ao seu funcionamento e desenvolvemento.

A asociación deportiva comprométese, pola súa parte, a promover a participación de todas as nenas e nenos de Barro que queiran practicar tanto o fútbol 11 como o fútbol sala.

A asociación deportiva asume o compromiso de promover a participación de todas as nenas e nenos que queiran practicar este deporte


No encontro, Fernández Abraldes destacou o bo traballo do clube deportivo a prol da dinamización e da formación deportiva que realizan no concello. O rexedor destacou tamén a dilixencia e celeridade coa que neste clube lle deran boa acollida a un rapaz refuxiado da guerra da Ucraína tal e como el lles pediu cando se enterou de que se instaría en Barro coa súa familia e que unha das súas afeccións era xogar ao fútbol.

Desde a Directiva do Barro CF amosaron a súa gratitude ao concello de Barro pola súa total colaboración e disposición en todos os ámbitos, sobre todo por mellorar as instalacións deportivas coa adquisición dun marcador deportivo, de porterías de adestramento e outros materiais, compras estas que se realizaron na última etapa.

Abraldes encadea varias xornadas de ratificación de convenios despois de asinar esta semana tamén o acordo con AsemBarro para cooperar cos comerciantes locais.

Comentarios