Conta atrás en Poio para un Armadiña Rock que recuperará o pulso do público

Hai máis de 800 inscritos para acampar no festival, que poderá acadar cifras de asistencia de en torno a 10.000 persoas por noite
Armadiña
photo_camera Presentación da decimocuarta edición do festival. B. CÍSCAR

Un festival con música rockeira, de balde e pensado para todos os públicos. Ese é o Armadiña Rock de Combarro que este ano se celebrará do 26 ao 28 de agosto, coincidindo con parte da Festa do Mar desta vila, e que onte se presentou oficialmente.

Ao acto de presentación acudiron o alcalde, Luciano Sobral, os edís de Festexos, Xosé Luís Martínez Blanco, e Cultura, Raquel Rodríguez, ademais de responsables da Asociación Armadiña e de dúas das marcas patrocinadoras: Estrella Galicia e Vermú La Fabulosa.

O Armadiña recuperará despois do tempo da pandemia o seu formato tradicional, e non faltará zona de acampada, unha versión kids con música para a cativada, así como o tradicional concurso de balcóns, que permitirá premiar aos veciños da vila que consigan a mellor decoración mariñeira con cestas de productos do mar.

Almudena Acuña, responsable da programación deste ano, explicou que a organización preparou doblemente o retorno ao "gran formato", aínda que sen perder as formas de «festival feito de xeito artesanal» anteriores á pandemia.

Almudena Acuña adiantou que haberá un aparcadoiro disuasorio especial para os 800 inscritos para acampar na Seca


Acartaz preparación doble ten que ver con que, por unha banda, a Asociación Armadiña coidou de ter unha programación diversa e completa, capaz de atraer a unha media dunhas 10.000 persoas en cada un dos días do festival, con detalles como "o pasarrúas coa Banda do Patio e a pequena festa para abrir no camping o evento, ou o Armadiña Kids, con Brais das Hortas e cun obradoiro de manualidades".

En canto ao programa, o venres estarán sobre o escenario: Desakato, MJ Pérez, O Cadelo Lunático, Llegamos Tarde DJ set e A Banda do Patio.

O sábado será a quenda de: Reincidentes, Tremenda Jauría,  Rebeliom do Inframundo, Sofía Gabanna, La Kinkillada, Fondonorte, Louband Oficial, así como as Pandeiretas O Ronsel e Pandereteiras Armadiña.

O domingo será a quenda de Sheila Patricia, que se espera que goce tamén dunha boa cantidade de público ao ser veciña da comarca.

A outra parte da preparación especial ten que ver co 50 aniversario de Combarro como vila histórica. A asociación considera que o concurso de decoracións mariñeiras das solainas permitirá dar realce a esta condición tan especial no aniversario. Ademais, a maior afluencia de visitantes, e mesmo as limitacións de tráfico deste ano, forman parte dos elementos que tiveron moi en conta os e ás organizadoras. Así, entre outras cousas, habilitouse espazo no aparcadoiro do IES de Poio para que aparquen as persoas que participen do festival na zona de acampada da Seca. Unhas 800 persoas xa están inscritas para acampar na zona. Para acudir ao festival haberá outras zonas con aparcadoiro disuasorio.

Comentarios