Conta solidaria para a familia que quedou sen casa en Cerdedo-Cotobade

A familia perdeu todos os seus enseres e a casa e permanece na vivenda doutros familiares á espera de poder refacer a súa vida
Interior de la vivienda calcinada en Corredoira. DP
photo_camera Interior de la vivienda calcinada en Corredoira. DP

O Concello de Cerdedo-Cotobade vén de poñer en marcha unha conta solidaria para poder axudarlle á familia de Corredoira que quedou sen casa o pasado venres de madrugada a recuperar a normalidade.


A familia, composta por un matrimonio cun neno de curta idade e o pai da muller, tiña como única propiedade unha vivenda en Corredoira que foi pasto das lapas con todos os seus enseres e pertenzas dentro. A familia esperou case unha hora pola chegada dos servizos de Bombeiros. Aínda que teñen un teito baixo o que permanecer grazas aos pais del, o matrimonio precisa axuda para poder emprender a reparación da vivenda e ir recuperando todo o que perderon.

Despois dunha primeira reunión no Concello, o Goberno local anunciou a apertura dunha conta bancaria para que a través da solidaridade veciñal se poidan ir xuntando fondos.

O número de conta é  ES16 2080 5026 8530 4000 6879 e tanto o alcalde como os grupos da oposición están animando á veciñanza a participar neste crowfounding para conseguir, entre todos, que a volta á rutina desta familia se produza da mellor maneira posible.

Comentarios