Os contaxios seguen á alza nos centros educativos de Pontevedra e sitúanse en 64

Os positivos superan xa os 600 nos colexios e institutos galegos
Imagen de un aula vacía. AEP
photo_camera Imaxe dunha aula baleira. AEP

Os casos activos nos centros educativos da área de Pontevedra aumentaron notablemente este martes e sitúanse en 64, catorce máis que a semana pasada. Segundo os datos achegados pola Consellería de Sanidade, referentes ao luns, a cifra de escolas e institutos afectados polo covid ascende a 34

A lista achegada polo Sergas engade nove colexios e institutos da área de Pontevedra lista de centros con casos activos. Trátase do CPI Aurelio Marcelino Rei García de Cuntis; o CEIP da Laxe e o CPR Plurilingüe San Narciso de Marín, o CEIP de Vilaverde-Mourente, o IES Luís Seone e o IES Montecelo de Pontevedra; o CPR Santiago Apóstolo, de Soutomaior; e o CPI do Toural de Vilaboa. Saen do grupo o CEIP Plurilingüe Froebel de Pontevedra e o IES Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra, ao non contabilizar ningún contaxio nos seus centros.

Ademais, en Silleda hai un caso positivo no CEIP Ramón de Valenzuela.

GALICIA. A tendencia repítese no conxunto da comunidade, onde os positivos superan xa os 600, en concreto 84 máis que os informados o sábado, obrigaron a pechar un punto de atención á infancia en Boborás (Ourense). 

En total, son dous os centros que permanecen clausuradas debido aos casos de coronavirus: o PAI de Boborás, cun positivo, e a escola infantil Santa Ana en Celanova, que conta con dous casos confirmados por covid-19.

Con estes son xa tres as instalacións educativas que se viron obrigadas a pechar debido á incidencia da pandemia desde o inicio de curso, xunto co colexio plurilingüe Calasancio de Pontevedra. A maiores, hai 22 aulas clausuradas en todo o territorio galego. 

A área de Ourense segue rexistrando as peores cifras de contaxios de toda Galicia e mantén seis unidades pechadas, ademais destas dúas escolas infantís. A pesar diso, conta con menos casos que o sábado, 157 positivos respecto dos 182 indicados no último balance de positivos en activo.

Comentarios