Os Coribantes de Buchabade tómanlle o pulso ao folk cun novo disco

A formación estrea o venres na Alameda caldelana o espectáculo que contén os novos temas compostos ou arranxados por Andrés Lorenzo
Coribantes de Buchabade
photo_camera Presentación do novo disco dos Coribantes de Buchabade. DP

A Praza de España de Ponte Caldelas acolle este venres, ás 21.30 horas, o concerto de presentación do terceiro disco do grupo Coribantes. Baixo o título A Ponte da Música, o grupo de música tradicional con sede Ponte Caldelas fai un recopilatorio de temas propios e música tradicional no que hai varias pezas nas que a vila do Verdugo é protagonista.

O presidente da asociación cultural Os Coribantes, Ángel Rodríguez Lale, e o responsable da parte musical, Andrés Lorenzo Castro, entregáronlle ao alcalde un exemplar do novo disco, que está pensado para ampliar o repertorio da formación con varias pezas de mestura nas que se incorporan ritmos doutras músicas e se unen diferentes tipos de pezas musicais.

A presentación será un prolegómeno da Festa da Troita e, ademais dos participantes da formación, a cita contará coa participación de diversos persoeiros do mundo da cultura e da música galega, como a cantautora e intérprete Sheyla Patricia, David Cabaleiro, de A Roda, As Maianas, Samuel Soto, de Son de Seu, Alberto Freaza, o rapeiro así como o gaiteiro e solista Isidro Vidal; o cantante Cristian Amoedo e o cantautor Bernardo Xosé, entre outros. O espectáculo desenvolverase sobre un escenario móbil no centro da Alameda e poderán aprezarse, ademais da música, distintos bailes populares, danza do ventre, pasodobres ou mesmo patinaxe artística.

Comentarios