A covid tamén afectou á reciclaxe en Poio: caeu un 25% o vidro

No 2020 refléxase un aumento no retorno de envases e un decrecemento no do vidro, pola merma da actividade hostaleira
Recipientes de vidrio. PIXABAY
photo_camera Recipientes de vidrio. PIXABAY

Ata nas cifras da recollida do lixo quedará unha marca, coma un fito, que reflexe o paso da pandemia. Así se pode entender ao ver o balance da recollida de lixo anual que fixo o Concello de Poio. O Goberno local destaca as boas ratios que teñen aos e as veciñas en moitos dos apartados da separación, pero sinalan tamén datos que só se poden entender no contexto dunha grave crise sanitaria, como é o caso da recollida de vidro. "Entre xaneiro e novembro de 2020 tratáronse 469.200 quilos deste tipo de residuos, o que supón unha baixada do 25% con respecto a 2019 (613.550)", recoñece a tenente de alcalde e edil de Servizos, Chelo Besada, que sinala a caída da actividade hostaleira desde a irrupción do virus como principal causa destas cifras.

No caso da reciclaxe de vidro, Poio levaba varios anos sendo un dos municipios da provincia con mellores resultados en canto á implicación da veciñanza se refire. Así constou ano a ano nos informes publicados por Ecovidro, que amosaban que o municipio estivo entre os primeiros en Pontevedra nesta faceta entre 2015 e 2019. De feito, houbo exercicios nos que se chegou a superar o millar de toneladas, como e 2018.En canto ao resto de cifras do ano, Valoriza acadou a retirada de 7.645.410 quilogramos de restos, sendo o mes de agosto o de maior incidencia, con 828.300 quilos, algo tamén vinculable ao turismo e maior actividade económica.

Valoriza, retirou un total de 268.740 quilogramos correspondentes a envases lixeiros e outros 190.850 de cartón.

A media de quilos reciclados nestes apartados é, respectivamente, de 15,7 e 11,17 por habitante. No primeiro caso suprase a media galega e no do cartón e papel a ratio de 2020 situouse en 11,17 quilos por habitante, mentres que en 2019 quedara nun 7,3. De feito, este foi o mellor dato acadado desde 2011.

Comentarios