O Sergas realizará un cribado aos veciños de Poio de entre 30 e 39 anos

As probas levaranse a cabo no pavillón polideportivo da Seca
Sanitarios durante un cribado realizado en A Seca. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Sanitarios durante un cribado realizado na Seca o pasado mes de xaneiro. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

A Consellería de Sanidade anunciou este martes a realización dun cribado por PCR entre a veciñanza de Poio. As probas levaranse a cabo este xoves, 29 de abril, nas instalacións do pavillón polideportivo da Seca, en horario de mañá e tarde.

O cribado está destinado para as persoas de entre 30 e 39 anos "que teñan como centro de saúde o de Poio".

Os participantes, que deberán acudir coa súa tarxeta sanitaria, serán informados previamente a través de mensaxes de texto (SMS), polo que o Sergas "prega que estean pendentes dos seus teléfonos móbiles" estes días.

O Concello de Poio anima á veciñanza convocada a que participe neste cribado, a fin de poder detectar posibles casos asintomáticos, e recomenda xunto ao Sergas a "acudir con puntualidade á hora estipulada no SMS, respectando a distancia interpersoal".

Segundo os datos do Sergas, o municipio ten 19 infeccións activas de covid-19, polo que mantén unha incidencia de 111 casos por cada 100.000 habitantes nos últimos 14 días.

Comentarios