O Cristo de Xende, sen féretros nin procesión

A Lama viviu este domingo a xornada máis atípica da que é unha das citas relixiosas de referencia na provincia, que estivo marcada pola precaución
Xende1
photo_camera Mascarillas y aforo limitado en la iglesia. GONZALO GARCÍA

A tan só un día de permitirse a mobilidade interprovincial, A Lama honrou este domingo o Santo Cristo de Xende no seu día grande, na que foi a xornada máis atípica de toda a historia da que é unha das citas relixiosas de referencia na vila e na provincia de Pontevedra.

Santuario do Cristo de Xende. A Lama. Foto de peregrinaxes para gráfica. Non hai procesión, domingo, 7 jun · 13:00–14:00

Despois de que o ano pasado se recuperara a tradición dos ofrecidos, que son os voluntarios que se trasladan no interior dun féretro durante a tradicional procesión, tras o fracaso do 2018, cando non houbera ningún voluntario, este ano volveuse repetir a mesma estampa, pero moito máis desoladora. Non houbo procesión, nin tampouco féretros. Así o requeriron as medidas de hixiene e precaución que se tomaron en todo momento, en todos os ámbitos da celebración, e en especial durante as misas rezadas, que xa comezaron o sábado, todas elas iguais para evitar aglomeracións.

A afluencia de fieis notou a falta dos chegados doutras provincias, e tamén as limitacións por motivos sanitarios. As misas estiveron en todo momento controladas por voluntarios de Protección Civil, así como o acceso ao santuario. No seu interior, aínda que si estaba autorizado acender candeas, o protocolo de seguridade deixaba moi clara a prohibición de levalas de fóra, nin tampouco cera ou flores. Tamén se restrinxiu a posibilidade de entregar candeas na man ou estampas.

Santuario do Cristo de Xende. A Lama. Foto de peregrinaxes para gráfica. Non hai procesión, domingo, 7 jun · 13:00–14:00

A xornada, que decorreu sen graves incidentes, tamén rescatou de xeito simbólico o tradicional ambiente da romaría no exterior. Algún que outro posto de rosquilleiras e un polbeiro serviron para amenizar un día onde a máscara e a distancia de seguridade foron protagonistas.

Comentarios