Críticas do PP pola ausencia de Carmela Silva no Parlamento de Galicia

Alberto Pazos cualifica de "anormalidade democrática" e falta ao respecto institucional que a Presidenta da Deputación de Pontevedra non compareza

 

Carmela Silva.DP
photo_camera Carmela Silva.DP

O deputado do PP Alberto Pazos cualificou este xoves de "anormalidade democrática" e "falta ao respecto institucional" o ausencia de da presidenta de Deputación Provincial no Parlamento de Galicia para explicar o orzamento do ente provincial.

Pazos explicou que a presidenta nega así información aos galegose expuxo que "o orzamento provincial abandona as políticas sociais, cunha baixada de máis de medio millón de euros en plena pandemia sanitaria e social; abandona ás pequenas e medianas empresas e aos autónomos, xa que, a pesar de incrementar o orzamento da Deputación en 3,5 millóns de euros, é a única entidade provincial galega que non pon un só euro para este colectivo de empresarios e traballadores; e abandona aos concellos, ao rebaixar o orzamento destinado ás entidades locais en 1,2 millóns de euros".

O popular tachou de caciquismo no "reparto de fondos", dado que denuncia que se distribúen en "convenios dirixidos aos concello gobernados polo PSdeG e o BNG", así como unha falta de consenso para asinalos.

Ademais, o deputado dixo que os orzamentos provinciais "reducen un 50 por cento o investimento en turismo, un 33 por cento os fondos de promoción para o Camiño de Santiago ou un 49 por cento a cooperación transfronteiriza; pero o que si mantén son 1,5 millóns de euros para publicidade e propaganda da presidenta”.

Pazos rematou a súa intervención lembrando que a presidenta da Deputación de Pontevedra "presumía de ser defensora da transparencia e dos traballadores, pero agora ameaza aos representantes sindicais que denuncian que están colocando a dedo aos seus amiguetes; e presumía de defender ás institucións de Vigo, pero agora ataca ao Celta por unha foto".

“Tamén presumía de ser a gran valedora do feminismo, pero agora falta ao respecto de maneira continua e permanente ás mulleres da corporación que discrepan politicamente, porque a señora Silva é unha gran defensora dos dereitos das mulleres, pero só das que pensan como ela”, matizou.

Comentarios