jueves. 27.01.2022 |
El tiempo
jueves. 27.01.2022
El tiempo

De cuartel a 'Posto da Garda Civil de Cerdedo-Cotobade': "É un éxito da negociación e da fusión"

O alcalde e os membros do Goberno local, este mércores na sede de Cerdedo-Cotobade. DP
O alcalde e os membros do Goberno local, este mércores na sede de Cerdedo-Cotobade. DP
O alcalde do municipio, Jorge Cubela, compareceu este mércores para valorar a reorganización do corpo, que pasa a prestar servizo a uns 6.000 habitantes
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, compareceu este mércores para valorar positivamente a reorganización da Garda Civil no municipio, que non só garante a continuidade do cuartel de Cerdedo, senón que se reforza con máis efectivos e consolídase baixo o nome de Posto da Garda Civil de Cerdedo- Cotobade, ampliando así a súa área de actuación a todo o termo municipal.

Neste sentido, tal e como salientou o alcalde, o servizo atenderá as necesidades en materia de seguridade cidadá duns 6.000 habitantes polo que, considerou, "este cuartel alonxaríase dos debates sobre posibles supresións de efectivos e acuartelamentos no rural e consolidaría a súa función e atención á veciñanza". De feito, o alcalde valorou a nova circunstancia como un "éxito das xestións" debido "á presión, á negociación e mesmo ao proceso de fusión que puxo de relevancia o feito de que unha das súas razóns era o mantemento dos servizos á veciñanza". Deste xeito, afirmou, aténdese unha "reivindicación xusta" que "redundará con éxito e beneficiará dun xeito claro e por igual a tódolos veciños que saen certamente favorecidos con esta solución".

Acompañado de varios membros do equipo de Goberno, Cubela celebrou que "tras un proceso de fusión e máis dun ano de xestións políticas" isto sexa "unha realidade inamovible". Así, a dotación deste posto pasa de dous efectivos a contar cun sarxento, un cabo e catro gardas civís. "Dende hai máis dun ano viñamos reclamando que o cuartel de Cerdedo fora reforzado con máis efectivos xa que tiña unha atención ao público prácticamente inexistente e os veciños tiñan que acudir a outras instalacións da Garda Civil noutros concellos mesmo para presentar calquera denuncia. Todo esto facíanos crer que o Goberno estaría pensando no seu desmantelamento. Pero lonxe de resignarnos utilizamos a negociación política, a presión e o respecto institucional para revertir esta situación. Así, acordamos por unanimidade de tódolos membros da Corporación Municipal defender unidos a permanencia do cuartel de Cerdedo e que ampliara o seu servizo tamén a Cotobade e a todo o termo municipal", explicou Cubela.

O alcalde lembrou o varapao que significou a perda do cuartel de San Xurxo de Sacos, a mediados da década dos 80, pasando a depender da Comandancia de Pontevedra os labores de vixiancia que "aínda que non temos queixa da profesionalidade e do labor realizado polos axentes da Benemérita dende a capital, facía falla unha maior proximidade sobre o terreo, sinal de identidade da propia Garda Civil", asegurou. Tamén defendeu como un éxito da fusión esta decisión, xa que respalda "unha das razóns fundamentais" empregadas para iniciar o proceso de unión: "Agora garántese a igualdade efectiva entre os nosos veciños, que contarán en todo o termo municipal cun mesmo servizos centrado non so en Cerdedo, senón que se amplía a Cotobade e a todos os lugares e aldeas".

De cuartel a 'Posto da Garda Civil de Cerdedo-Cotobade': "É un...
Comentarios