Cubela agarda que a obra da rotonda oeste de Cerdedo remate nas vindeiras semanas

Patrimonio, organismo que freara previamente o proxecto durante case un ano pola presenza dun hórreo na zona de afección

O Goberno de Cerdedo-Cotobade anunciou que se reanudaron as tarefas de construción da rotonda oeste de Cerdedo, na estrada N-541. Os traballos retomáronse despois de que o Concello xestionase o permiso da Dirección Xeral de Patrimonio, organismo que freara previamente o proxecto durante case un ano pola presenza dun hórreo na zona de afección.

As xestións realizadas para reubicar este hórreo protexido deron o seu froito o pasado mes de setembro e, tras recolocalo ben, os traballos desta glorieta veñen de reactivarse. O alcalde agarda que esta obra "fundamental para Cerdedo" estea concluida nas vindeiras semanas.

Comentarios