jueves. 15.04.2021 |
El tiempo
jueves. 15.04.2021
El tiempo

Jorge Cubela e Luisa Piñeiro abordan a apertura dos Baños do San Xusto este ano

Baños de San Xusto. ADP
Baños de San Xusto. ADP
A rehabilitación, que xa chegou á recta final, supuxo un investimento de preto de 700.000 euros

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luisa Piñeiro, e o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, mantiveron unha reunión de traballo na que abordaron diversos proxectos autonómicos neste municipio e, principalmente, a rehabilitación dos Baños do San Xusto, cuxa apertura está fixada para o presente ano.

Paralelamente, ambos celebraron unha reunión multilateral cos respectivos xefes territoriais das consellerías de Sanidade, Economía e Medio Ambiente, que son as implicadas na recuperación deste espazo termal, para perfilar todos os detalles técnicos e administrativos e determinar os seguintes pasos a realizar por parte de ambas administracións para a posta en marcha deste complexo saudable.

A rehabilitación dos Baños do San Xusto, que xa está na súa fase final, supuxo un investimento de case 700.000 euros financiado integramente polo Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia no marco do primeiro Pacto pola Paisaxe da comunidade autónoma. A actuación contempla a restauración da antiga minicentral para a súa conversión en balneario, a recuperación dos antigos muíños para saunas con vistas ao río Lérez, a posta en valor das antigas bañeiras para convertelas en pozas públicas ao aire libre e a urbanización, os accesos e o axardinamento de toda a contorna.

Durante o encontro entre Luisa Piñeiro e Jorge Cubela tamén se abordaron os proxectos autonómicos máis destacados a realizar no municipio, como é o caso do saneamento de Tenorio, que quedará rematado este ano, e outros como a senda peonil desta mesma parroquia, na que se invisten case 800.000 euros.

Outros proxectos a tratar foron a construción das 12 vivendas sociais nas antigas casas dos mestres de Cerdedo e no vello centro médico de Carballedo, unha actuación que tamén quedarán lista en 2021, ou o arranque, previsto para a vindeira semana, da obra física do Centro Turístico e Cultural Antonio Fraguas de Carballedo, tras a realización dos traballos previos.

Jorge Cubela e Luisa Piñeiro abordan a apertura dos Baños do San...
Comentarios
ç