martes. 30.11.2021 |
El tiempo
martes. 30.11.2021
El tiempo

Cubela pide máis vixianza da Garda Civil en Tenorio para previr actos vandálicos

Destrozos nunha lona no entorno do colexio, epicentro de botellóns.
Destrozos nunha lona no entorno do colexio, epicentro de botellóns.
O alcalde sinalou este entorno como epicentro da celebración de botellóns ilegais que acaban "con serios danos no mobiliario urbán"

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, sinalou o entorno do colexio de Tenorio como epicentro da celebración de botellóns ilegais no municipio que "acaban con serios danos no mobiliario urbán da zona e do propio centro educativo".

Este foi o caso dunha lona recentemente instalada, que presenta diversos destrozos "de especial importancia". Por este motivo, o alcalde solicitou a colaboración da Garda Civil, co obxectivo de aumentar a vixianza nocturna no lugar.

Cubela denunciou estes actos ante o corpo policial e solicitou, ademais, a colaboración veciñal para identificar aos presuntos autores destas actividades que, indicou, afectan directamente a investimentos realizados con fondos públicos do Concello, e mostrouse disposto a "non deixar pasar unha, porque este tema está pasando de castaño a escuro".

Cubela pide máis vixianza da Garda Civil en Tenorio para previr...
Comentarios
ç