Cubela: "A proposta de Font é unha tomadura de pelo e o do BNG é kafkiano"

O alcalde de Cerdedo - Cotobade afirma que o seu goberno "non se vai mover un ápice" da súa esixencia para a mellora da estrada provincial de Almofrei
Jorge Cubela. JAVIER CERVERA - MERCADILLO
photo_camera Jorge Cubela. JAVIER CERVERA - MERCADILLO

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, calificou de "tomadura de pelo" a proposta do deputado provincial socialista Carlos López Font para a mellora da estrada provincial de Almofrei. Cubela afirma que o seu Goberno "non se vai mover un ápice de onde estivo sempre, ao lado dos veciños, esixindo a obra que se pactou con eles e que foi adxudicada no ano 2015 polo anterior executivo provincial".

Cubela, que lembrou que a obra estaba adxudicada en 2015, que foa pactada cos veciños en seis asambleas distintas e que tiña fondos dispoñibles antes de lamentar que o bipartito "nada máis chegar ao poder a paralizara por sectarismo e agora, como máis forza que hai uns meses, se negue a facela por vinganza electoral". O rexedor sostón que "a cuestión é moi sinxela, a obra que querían os veciños e que defendemos dende o Goberno local é ambiciosa e ten un orzamento importante e o actual bipartito quere facer un parche e destinar os fondos a outros lugares, porque Cerdedo-Cotobade non lles interesa".

O alcalde, que rexeita a proposta de cesión porque "na vida pública, unha administración non pode traspasar unha infraestrutura ou unha competencia simplemente porque non quere asumir o custo das súas obras" censura tamén ao BNG e tilda de "kafkiano" que o grupo municipal presente unha moción no Pleno esixindo que se solicite á Deputación que faga a mellora. "Non ten sentido que os nacionalistas, que están no Goberno provincial, nos pidan que solicitemos esta obra cando son os seus compañeiros os que non a queren facer. Todo isto é surrealista", concluíu.

Comentarios