Cubela rexeita a exposición pública da modificación de Os Cotos "en pleno Nadal"

O alcalde remitiu unha carta á directora xeral de Planificación Enerxética, a maiores das accións xa emprendidas
O alcalde, Jorge Cubela. RAFA FARIÑA
photo_camera O alcalde, Jorge Cubela. RAFA FARIÑA

Dito e feito. O rexeitamento do alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, ante as datas elixidas para sacar a exposición pública a modificación do proxecto presentado pola empresa promotora do parque eólico dos Cotos, Tiraventos S.L., chegou ao departamento de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

O rexedor remitiu así unha dura carta á directora xeral, Paula Uría, na que lle recrimina que o proxecto chegue ata este punto da súa tramitación "en pleno Nadal".

Para o alcalde, "non facía falla tanta présa, xa que o Goberno de España acaba de aprobar unha moratoria ata xaneiro do ano 2023", reprochou.

Tal e como manifestou, esta acción "impón", pola singularidade das propias datas a esta altura do ano, "dificultades" e "máis problemas de dispoñibilidade" por parte de todos os sectores interesados.

VER MÁIS: Sale a información el nuevo proyecto eólico de Os Cotos en plena Navidad

innecesaria tanta présa, xa que podería levar igualmente unha tramitación axeitada uns días despois de pasar as datas de Nadal", afirmou.

A maiores, Jorge Cubela vén de convocar un Pleno extraordinario para o vindeiro 11 de xaneiro no que a Corporación municipal tratará exclusivamente o tema do parque eólico, co obxectivo de demostrar de xeito institucional o rexeitamento total e unánime ente este proxecto, e declarou o apoio do Goberno local á veciñanza afectada, así como ás comunidades de montes e parroquias. Neste sentido, emprázase á promotora a non seguir adiante coa construción do parque.

Por outra banda, o vindeiro 7 de xaneiro terá lugar unha xuntanza veciñal convocada polo Concello para abordar o tema, previa á protesta convocada para o domingo 9, a partir das 12.00 horas, en Carballedo.

Trátase da primeira concentración contra o Plan, sobre o que o Concello ten previsto alegar en contra en todos os informes, para o que contará cos servizos da consultora Tysgal, que xa prestara anteriormente os seus servizos ao Concello nunha situación anterior, tal e como xa anunciara Cubela.

As comunidades de montes, pola súa banda, alegarán tamén a modo individual contra a iniciativa da empresa e tamén estarán presentes nas alegacións do Concello.

O alcalde reafirmou, ademais, a vontade de manter informados aos veciños e veciñas, así como ás comunidades de montes e voceiros dos grupos municipais segundo se vaian producindo novidades sobre o proxecto.

Un proxecto que se tramita pola vía de urxencia
O Plan que afecta a Cerdedo-Cotobade estase a tramitar pola vía de urxencia, o que significa que significa unha redución á metade dos prazos habituais nun procedemento ordinario, coa excepción do que respecta á presentación de solicitudes e recursos.

A recente saída a información pública supón que a empresa promotora renove o permiso do ano 2010 mediante unha adaptación do proxecto inicial, e que implica a instalación dunha potencia de 30 megawatios con seis aeroxeradores destinados a producir unha potencia anual de 120.459 megawatios por hora. O proxecto conta cun orzamento de 20.888.394,55 euros

Comentarios