O alcalde Jorge Cubela suxire rebaixar un lado da PO-233 no cruce co vial a Tenorio

Con esta petición, o alcalde, faise eco das numerosas queixas e peticións veciñais con respecto a este punto concreto da rede viaria
Infografía sobre foto do punto onde hai perigo para os conductores. D.P
photo_camera Infografía sobre foto do punto onde hai perigo para os conductores. D.P

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, remitiu un escrito á Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), dependente da Xunta de Galicia, no que se lle solicita que proceda a realizar o desmonte ou rebaixa dun noiro existente na intersección entre a estrada PO-233 (Bora- Carballedo) coa EP-0406 (Vilanova-Tenorio), que dificulta gravemente a visibilidade e representa un perigo para o tráfico que utiliza eses viais.

Con esta petición, o alcalde, faise eco das numerosas queixas e peticións veciñais con respecto a este punto concreto da rede viaria. Para acompañar ás explicacións dos veciños, o rexedor achega un informe asinado pola Asistencia Técnica Municipal, que certificou a perigosidade da intersección entre ámbolos dous viais, un de titularidade autonómica (PO- 233 Bora-Chan) e a outra estrada dependente da Deputación Provincial de Pontevedra (EP-0406, Vilanova-Tenorio).

Segundo o dito informe, obsérvase que "efectivamente no cruce da PO-233, á altura do quilómetro tres, na marxe esquerda, coincidente co entronque da EP-0406, advírtese un noiro de rocha que ao intentar incorporarse en dirección a Carballedo non permite ver con claridade os vehículos que veñen de Carballedo en dirección Pontevedra. A existencia dunha curva neste punto de visión fai que moitas veces se faga realmente perigosa dita incorporación, ao existir un tramo de visión nula onde quedan agochados os vehículos".

O informe recomenda "unha rebaixa do noiro que permita gañar en amplitude de visión, desta forma, as garantías para observar os vehículos que se aproximan de Carballedo serían plenas e non faría falta invadir a PO-233, para garantir dita visión no cruce".

A PO-233 e ó vieiro autonómico de maior tránsito de todo municipio, ao conducir á capital municipal de A Chan, e a estrada provincial, á súa vez facilita o tráfico interior desde a parroquia máis poboada cara ao centro administrativo do Concello.

Comentarios