Un curtocircuito, posible causa do incendio que calcinou un coche en Poio

O lume danou outro vehículo 
Estado no que quedou o coche incendiado nunha rúa de Poio CEDIDA
photo_camera Estado no que quedou o coche incendiado nunha rúa de Poio CEDIDA

Un coche ardeu por completo na Avenida da Porteliña arredor das 1.30 horas da madrugada deste domingo. Ata o lugar desprazáronse os servizos de Protección Civil, Bombeiros de Pontevedra, o GES de Sanxenxo e a Garda Civil, tras o aviso do 112. 

O coche, que estaba estacionado en fila, quedou completamente calcinado. Os servizos de emerxencias barallan que se puido deber a un cortocircuito no mesmo automóbil. O incendio afectou a outro vehículo que se atopaba estacionado diante, e que quedou parcialmente calcinado na zona do maleteiro e ennegrecido na parte dianteira. Non houbo que lamentar danos no mobiliario urbano.