Deep Purple e ensaios desde casa para manter a ilusión pola música en Vilaboa

Os 140 alumnos e alumnas no se reúnen desde, xaneiro pero seguen preparando temas mediante a teledocencia
Unha imaxe de arquivo da Banda de Vilaboa actuando na festa de Figueirido, en 2018. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Unha imaxe de arquivo da Banda de Vilaboa actuando na festa de Figueirido, en 2018. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A Banda de Música de Vilaboa e a súa escola de música viven neste inicio de marzo un aniversario amargo da pandemia. A formación, que ten a máis de 140 alumnos e alumnas e perdeu só un 5% dos e das matriculados co gallo da crise sanitaria, non ensaia xunta desde o 23 de xaneiro. Primeiro, tivo que acollerse ás medidas de confinamento autonómicas e agora ás restricións que quedan para as escolas de música e centros regrados onde as disciplinas de vento seguen con teledocencia. Este parón chega despois dun inicio de ensaios en setembro no que o esforzo por adaptarse ás normas foi moi grande e incluíu a apertura de fiestras, a toma de temperatura dos e das alumnas, desinfeccións de calzado e mans, o uso de pantallas cedidas polo Concello para separar aos mestres dos e as alumnas e protocolos como os de limpar e desinfectar espazos e instrumentos para cada sesión.

Con todo, o nivel de traballo permitiu que a formación puidera dar, en Nadal, o seu concerto máis emotivo, para os maiores da residencia de Bértola, desde o aparcadoiro da mesma e con altofalantes para facer chegar a súa música ao centro. No camiño, explica Danniel Figueira, director da Banda, quedaron proxectos como o festival de Castiñeiras, ou o concerto de temas de Broadway coa soprano Marina Penas que estiveron preparando meses atrás. Agora, para resarcirse de todo iso e manter viva a ilusión ultiman un vídeo baseado nun tema de Deep Purple con axuda do cantante Daniel Bello.

A formación ten 12 mestres e mestras de instrumentos e un amplo catálogo de material de aprendizaxe, o que fai que ademais de apoio do Concello, Deputación e Xunta dependan das cotas que os pais pagan e tamén da axuda de patrocinadores.

Comentarios