martes. 29.09.2020 |
El tiempo
martes. 29.09.2020
El tiempo

Denunciado o dono de dous cans que mataron varios patos nun parque de Poio

Patos no parque de Costa Xiráldez. CONCELLO
Patos no parque de Costa Xiráldez. CONCELLO
Este é o terceiro expediente que se abre contra o home

A Policía Local de Poio tramitou unha denuncia contra un veciño de Lourido por incumprir "de xeito reiterado" a Lei de Benestar Animal. É o propietario de dous cans que mataron a media ducia de patos que habitaban na contorna do parque de Costa Xiráldez.

Os axentes constataron que os cans estaban nunha parcela próxima, da que xa fuxiran outras veces. Este é o terceiro expediente que os axentes abren contra o home, que se expón a unha multa de entre 100 e 500 euros.

A Policía Local lembra que a normativa vixente establece que as mascotas non poden andar soltas pola vía pública. Neste caso, o denunciado ten a obriga de poñer os medios axeitados para que os seus cans non fuxan da parcela, algo que os axentes aseguran que non fixo malia ser advertido en varias ocasións.

A identificación do home realizouse grazas ao chip dos cans, que foi analizado pola Policía tralo último ataque contra os patos hai uns días.

Denunciado o dono de dous cans que mataron varios patos nun parque...
Comentarios