Denuncian a "inacción" do Concello ante un vertedoiro no camiño á igrexa de Raxó

A voceira do BNG, Marga Caldas, reclamou na Comisión de Urbanismo a limpeza e retirada dos residuos
Vertedoiro no camiño á igrexa de Raxó. DP
photo_camera Vertedoiro no camiño á igrexa de Raxó. DP

A voceira do BNG de Poio, Marga Caldas, reclamou na Comisión de Urbanismo a limpeza e retirada dos residuos acumulados nunha finca ubicada no camiño á igrexa e a PO-308. Os nacionalistas acusaron ao Goberno local de "inacción" ante este vertedoiro, que segundo afirman "Foilles comunicado o pasado 19 de marzo e reiterado o 2 de abril".

Comentarios