A Deputación arrinca no IES de Poio o programa DepoRúARTE contra o cambio climático

O viveiro de Lalín, impulsado pola institución provincial, está xa ao 100% ao instalarse unha empresa de maquinaria para traballar madeira

deporuarte 2021 general-01

O IES de Poio dará este mércores o pistoletazo de saída ao programa DepoRúARTE polo clima: pensando no 2030', un ciclo de actividades da Deputación de Pontevedra para concienciar sobre o cambio climático que chegará a cinco centros educativos da provincia até 2022. 

Segundo informa a institución provincial, a primeira parada será no instituto de Poio, cunha xornada ecolóxica na que participará un grupo de 16 alumnas e alumnos de 4º de Eso. Esta iniciativa completarase a finais de mes cunha acción artística de temática submarina nun dos muros do centro. 

Tras estrearse en Poio, DepoRúARTE pasará polo IES Terra de Turonio de Gondomar –tamén en maio–, e está previsto que viaxe ao longo deste ano e do 2022 ao IES Illa de Tambo de Marín, ao IES Pintor Colmeiro de Silleda e ao IES de Soutomaior.

VIVEIRO DE LALÍN. Por outra banda, a Deputación de Pontevedra informa de que o viveiro de empresas de Lalín está xa ao 100% de ocupación, tras o visto e prace á instalación dunha nova compañía de construción de maquinaria para traballar a madeira. 

Trátase da empresa José Toimil López, que se une a Arzeos Aircraft –dedicada a fabricar e comercializar aeronaves ultraligeras– e Bezos & Jobs Supplies –servizos de importación para terceiros–, que xa operan desde as naves deste viveiro, que teñen unha superficie entre os 131 e os 143 metros cadrados. 

Xunto a estas naves, hai tamén cinco oficinas de entre 16 e 18 metros cadrados cada unha que tamén están ocupadas ao 100% con empresas como Javier Campos Beltrán, Sokajier Technic S.L., Leticia del Valle Ortín e Martín Wolfswinkel, que se encargan, entre outras cuestións, de asesoamiento veterinario, de explotacións gandeiras, de comercialización de maquinaria industrial e da representación de empresas de téxtil. 

Comentarios